I Campionato Bar O Rei de Copas

Data: Sábado 08/11/2008 16:00 - Bar O Rei de Copas (Ordes/A Coruña - enfrente ó pabellon municipal)

Inscrición: 20 € parella (data límite 5 de novembro)

Premios:

1º 40% da recaudación
2º 30% da recaudación
3º 20% da recaudación

(o 10% restante utilizarase para os gastos das partidas)

Modalidade:

- O campionato realizarase o día sábado 8 de novembro ás 16:00 no bar O Rei de Copas habendo un mínimo de 8 parellas inscritas, en caso contrario devolveranse os cartos.
- Farase unha liguilla por grupos na que pasarán 8 para eliminatorias (no caso de que sean máis de 8 os inscritos) se son 8 os participantes, pasarán 4 e posteriormente farase eliminatoria.
- Tanto os grupos da liguilla coma os enfrentamientos das eliminatorias serán a sorteo.
- Gañará a partida o equipo que antes chegue a 8 goles. Nas eliminatorias pasará o mellor de 3 partidas.
- Non estará permitido: mover o futbolín, golpear ou doblar as barras do futbolín, facer remuíño/rulo, chuzar/rematar á defensa contraria (pódese chuzar/rematar a calquera menos á defensa).
- Está permitido o cambio, a patilla/arrastre na dianteira sempre e cando non lle dea tempo á defensa e porteiro levantar, no caso de que se faga unha patilla ou cambio na dianteira, se a defensa e o porteiro erguen os xogadores e entre dentro será gol a favor do contrario, se non lle da tempo a erguer, será gol do atacante.
Se se fai un cambio ou patilla e a defensa e porteiro erguen, e lle toca nalgún xogador ou a bola bate no pao, será gol igualmente para o atacante.
Para invalidar o cambio, devese tirar contra o fondo, pasar atrás ou que a bola toque un xogador contrario.
- Estarán permitidos os cambios na media e na defensa e o rulo/molinillo co porteiro.
- Os saques serán ó medio sempre.
- Se sae a bola fora sacarase dende o medio (se a bola sae fora á altura da metade do futbolín) ou dende a defensa polo lado onde saíu a bola.
- Todo o non reflexado nestas normas será decidido no seu momento pola
organización.

Formato: Liga e eliminatorias

Máis información: rubenranha@hotmail.com

0


Comentarios

Opcións de visualización de comentarios

Seleccione a maneira que prefira para amosar os comentarios e prema en "Gardar os axustes" para activar os cambios.
Imaxe de catarro

o arte do arrastre.

o medo é libre...

Imaxe de Varela_Lalin

Vaia normas deste campeonato.....

Eso chamolle eu un campionato de pachanga!!!!

Con esas normas xogaba eu nos meus tempos no instituto,jajaja

A ver dende cando é obrigatorio levantar a defensa pa invalidar un cambio? Sacar sempre o medio, e estara permitido o arrastre claro....weno en fin, non vou falar mais porque como non vou ir non me interesa. Era solo por comentar.jeje
Un consello poñede camaras nos futbolins pa ver as repeticións.

Un saudo dende Lalín.

Imaxe de Chacarita

as normas non son standard

as normas non son standard nin moito menos, e ó ser o primeiro campeonato ke se fai, é cas normas ke hai coloquiales (de sempre, da zona) por decilo dalgunha maneira.
as normas estan expostas, non e obligatorio xogar, ken keira xogar ke se apunte e fuera, e a ken non lle guste ke non se apunte, nin roñe e punto.

Imaxe de RaNhA

veña, a

veña, a animarse!

tecnicolor, tecnicolor... eres doente

Imaxe de Chacarita

non hai tecnicolor

non hai tecnicolor

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as de correo convirtense en ligazóns automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e parágrafo créanse automáticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

¿Canto é 5 + 15?
Para combati-lo spam (publicidade non desexada), por favor resolva a operación anterior.