5º Torneo CFF 2008 en Lalín

Data: Sábado 05/04/2008 17:00 - Bar Fusión (Centro comercial Pontiñas/Lalín)

Inscrición: 25 € (20 € para os inscritos no circuito)

Premios:

1º 200 € + trofeo
2º 120 € + trofeo
3º 80 € + trofeo
4º trofeo

* De haber máis parellas incrementarase o premio

Modalidade: Movemento

Formato: Liga e eliminatorias.

Máis información: Ferplay - 690981008

[RESULTADO]

Jose - Chacho (Ordes - Santiago)

Míchel - Otero (Lalín)

Sergio - Santi (Vigo)

Fer - Collazo (Moraña - Barro)

4.634
Media: 4.6 (5 votos)


Comentarios

Opcións de visualización de comentarios

Seleccione a maneira que prefira para amosar os comentarios e prema en "Gardar os axustes" para activar os cambios.
Imaxe de jose otero

vareliña vareliña

Eu non entendo de futbolin pero o pouco q sei e que no futbolin cada xogador e un mundo.Penso q nunca te atoparas con dous xogadores q xoguen iguais,parecido si.Despois tes xente q fai xogadas espectaculares que perden contra xente peor e viceversa.Unhos son mais ofensivos e outros defensivos.Q che conto q ti non sepas so che digo q non te fies do rival porq os q parecen maquina o mellor non son tan maquinas e os q parecen paquetes coma no meu caso pois o mellor non son tan paquetes.Neste xogo pa min son dous cúmulos tecnica-sicología.Poderiamos falar horas e horas disto pero teño sono.Saudos vareliña

Imaxe de jose otero

otero

saudos.Ivan os teus compis CHACHO-JOSE nos las metieron dobladas e nunca mellor dito je je je.Foron mellores.Haber se topades un sitio en Santiago para xogar o próximo campionato de FER posto q pa nos quedarianos cerca igual q os da Coruña.Haber se lle damos a volta a tortilla e gañamos nos na vosa terra.Un dia da seman xa te chamo a ti e a Rafa para quedar e mazarte ben mazado por non vir a Lalin.

Imaxe de Ivanhoe

ivan

Buenas!!Durante una temporada no jugaré muxo al futbolin q ando algo apretado de tiempo pero ten por seguro que si avisas pa echar unas partidas alli estaré, xD.Respecto al cmpeonato estoy ablando ya del tema de organizarlo con el tio del bar que fuimos la ultima vez que veniste a echar una partida y dijo que no hay problema abrá que esperar que acabe unas obras que esta aciendo y ya os aviso,ok

Imaxe de O Meigo

Re: Otero

Tampouco esaxere-la cousa. Na liguilla empate, no desempate 7-6 e na final houbo moita igualdade en tódalas partidas. Estivemos todos ahí.

A todo ésto ¿Cómo arreglamos o do "maletín"? ;D

Imaxe de Michel

¡Ajajá!..., ¡Maletín!, xa me parecía...,

Así que maletín, e logo donde estan meus cartos?, por que eu tamén estaba no peto, jejejejejejeje. Igualdade nas partidas?, jejejejeje, pártome, si metias todas de rebote e raseando dende a defensa, petando na media, a defensa é algún que tamen tocou no porteiro, non sei pra que che dixen o truco do billar, seguro que estiveches practicando o venres a noite e claro, asi che sairon, jejejejeje.

Bueno idevos preparando porque ahora teñovos cruzados e vou por vos cando volvamos xogar, xa veras o que é "o futbolin-billar a escala Míchel".

Ahora dende Lalín "con razón e ....., carambola"

Un saudo.

Míchel (Lalin)

Imaxe de jose otero

fusion bar

felicidades os campios.Foron mellores ca nos.A próxima será terrible.Os trofeos de autentico luxo e a xente de Vigo Santiago e Lalin toda en xeral boa xente.saudos a todos

Imaxe de Varela_Lalin

Otero Otero

Claro que foron mellores ca vos, porque ti andabas nas berzas,jeje. Vinte bastante apagado, sobre todo na media. A xente de Santiago claro que fenomenal, e o resto tamén, pero en canto a calidade non vin nada doutro mundo, como che dixen o sabado, na liga de Lalin hai moita mais calidade. Teño que decir que ó equipo que quedou de terceiro, ganamoslle nos 2-0 e co primeiro perdemos 2-0, pero co honor de meterlle duas paredes, limpias de todo,jeje. Pero en Xeral moi ben, unha xente de ptm.

Dende aqui un saudo a todos.

Imaxe de Michel

Varela....., y Chacho & O Meigo

Varela nas Berzas andabamos os dous, dado que o día anterior tivemos Liga en Rodeiro, e polo menos eu marchei moi tarde, e o sábado estaba bastante cansado, pero non lle quites meritos a Chacho & O Meigo, que eu xa dixen que eran a parexa a batir e mira, acertei.

Outra cousa, enhorabuena pra Chacho & O Meigo, que nos fixeron suar bastante e mereceron a victoria rotundamente "xogadas de billar incluídas de O Meigo", jejejeje. Na próxima pondrémosllo mais dificil, eso o teño, clarísimo.

E outra cousa, agradecer o esforzo a O Meigo e a todos os colaboradores polo traballo que están a realizar na fantastica páxina web. Míchel (Lalin)

Imaxe de O Meigo

Realmente andabamos todos

Realmente andabamos todos escarallados, o "Xíbaro 2" durmira casi 15 horas nos 3 últimos días e fora xogar o torneo de Culleredo o día anterior (hai que ver ós novos valores, hai uns cantos que van dar que falar) e o "Xíbaro 1"... poker, alcohol... e pouca memoria do sucedido o día anterior... en fin, digamos que tampouco estabamos en plenas facultades.

O de parella a batir... eu xa vos dixen que fora alí a ver os cines pero metéstesnos tanta presión que xa por non quedar mal...

¿Tan "reboteador" estiven? A verdade é que cando acabo de xogar apenas recordo nada pero quedárame coa impresión de que na liguilla sí que vos metera uns cantos pero case ningún na final. Con todo, xa sabedes que non tiro a rebote e se entraron así non eran intencionados. A clave sen dúbida estivo no noso público, especialmente grazas a Inés e Rafa que estiveron ahí, "incombustibles", animando sempre, e é que cando dous super-porteiros coma eles están do teu lado... é imposible que che marquen nada. Graciñas ós dous, a victoria é vosa tamén.

E grazas polo da páxina pero fai extensivo o agradecemento a tí tamén, que nos consigues os resultados do Deza.

Imaxe de Michel

¡Intencionados!, Ja, Ja......,

Sempre que se marcan goles de ese tipo o 90% son sen querer, incluso eu, pero o sábado tiracheste un pouco, e mais, Chacho marcou dous ou tres tamen de bote, e incluso, intentouto intencionadamente, jejeje, pero, o futbolín e así, jejejeje.

Una pregunta, ¿sabes os resultados do Presas en Naron?.

Non me olvido, a próxima......, por debaixo. jejejeje.

O da Liga Do Deza (Ruibal), ¡IMPECABLE!, grazas.

Míchel (Lalin)

Imaxe de O Meigo

Re: ¡Intencionados!, Ja, Ja......

Mmmm... ¿Son imaxinacións miñas ou por aquí cheira a queimado? ¡Xa se ve o fume dende Santiago! Hai que ler mellor, que eu non dixen tal cousa (aínda que ben sei que o liches ben á primeira... ti quenta, quenta... que xa viches como che saíu a outra vez). E non digas esas cousas do pobre Chacho ¡Co bo rapaz que é! ¿Acaso o viches tirar... máis de 10 veces á pata nalgunha partida? Eso son casualidades home, ademais, o que pasa é que nos tiramos e tí méte-lo pé.

Presas xa me enviou fotos e resultados. Están postos (os 6 primeiros) aquí. Por se non a viches, tamén está posta a clasificación da "outra" liga.

Imaxe de Michel

Pra O Meigo.... Xa estou aquí...,

Haber, haber, se cheira a queimado, non fumes, jejejeje. E se o ves e que está chovendo e son nubes, jejejeje.

Que non digo que marcaras todas de bote, algunha si, pero xa dixen que eu tamen marco unhas cantas así, o sea, que nada.

O de Chacho xa e mais preocupante, jejejeje, que va home, simplemente pra meterme tamén con el, ainda que tes razón que lle meto o pé, pero non valen, así que nada tamén.

Xa vin as fotos que "juapo" son, digo, que ven salín, jejejeje. Na vosa a xogada do fútbol que se ve nos tv "perfecta", jejejeje.

A outra "liga", ben a secas.

Falando de todo xa teño gañas de xogar contra vos, xa que veño de practicar un pouco a tua xogada, esa "raseando" dende o xogador do fondo. Practicareina o venres nas partidas da Liga contra O Bruxas a ver que tal se me da.

Un saudo a todos e en especial a tí e mais a Chacho, e que non se enfade porque non lle volvo a deixar marcarme un gol.

Míchel (Lalin)

Imaxe de O Meigo

Re: Pra O Meigo.... Xa estou aquí...,

Realmente xa che dixen, non me acordo dos goles (salvo do último), ben poidera ser que os metera todos de "carambola". A verdade é que non che son un porteiro moi goleador e tendo os brazos como os teño, como di Rafa, máis que darlle á bóla, empuxoa (e ás veces nin eso). Para a próxima seguro que me marcas moitos máis a min (incluso limpos ja,ja ).

O de Chacho non é preocupante, o que é, é un cabronazo capaz de tirarche á pata tendo a bola no medio da dianteira. Con todo, penso que ten un xogo moi bonito e sempre o pasas ben xogando con el.

Nas fotos xa viches que houbo retoques, e no caso de algún... "ingeniería".

Xa que me queres gañar coas miñas armas ¿Qué queres que practique eu para gañarche coas túas?

A ver si quedamos algunha vez máis aínda que non haxa torneos, que Otero ten unha dianteira moi "puta" e tí sempre andas "estorbando", e iso sempre vén ben para estar a tono.

Imaxe de Michel

Xa volvo esta aquí...,

Xa me parece que ando algo "enganchado" a paxina, pero bueno, mellor.

O caso é que andaba buscando futbolís por internete e mira por donde tópome no Piña Rock 2007 un finalista no campeonato de futbolin, eeeeehhhh, pena que non o ganarais, se queres mándoche as tres fotos con a clasificación da Liga nosa. ¿Ou xa as tes?.

Míchel (Lalin)

Imaxe de O Meigo

Re: Xa volvo esta aquí...,

Supoño que serán do I torneo do pirañaROCK, xa as teño, grazas. Foi o meu primeiro torneo con Inés (e tamén foron os meus primeiros pasos como dianteiro). Levaba 3 ou 4 meses sen xogar por unha recaída pero non foi tan mal a cousa. Pasei de metelo na páxina porque é anterior a ela. No segundo, que sí está por aquí, repetimos como subcampións.

Imaxe de Michel

¿Ingeniería?, ¿Estorbando?..., huy, huy...,

Bos días,

¿Ingeniería?, jejejeje, ven nos podías poner a os tres "O Meigo, Otero e a mín" unhas "perrucas" pra quedar mellor, digo eu, jejejeje.

O de que te quero gañar, por suposto, cas tuas armas non creo que dé, teño un xogo moi distinto, eu son mais porteiro que tirador, por eso "estorbo" algo mais, pero unha "fusión" do teu xogo mais o meu non estaría mal, creo. Vouno intentar a ver que tal se me dá.

Pooos, claro que temos que quedar, este mes é algo rata en canto a campeonatos, por que ata finales de mes non hay ningún, que eu sepa. Aínda que nos temos a Liga, a verdade que a mín non me chega.

Un día de éstos achegareime con Otero a Santiago "no voso terreo", e avisamos a Rafa que che de un toque pra iros pasando pola "pedra", simplemente, pra poñeros a "tono".

Un saudo e haber si che podo mandar mañán a nova clasificación da nosa Liga Do Deza 2008 (Ruibal). Olvidábaseme, vou intentar falar ca "organiçaçao" pra que me expliquen como van facer o dos empates e a seguinte fase. Xa te informarei.

Míchel (Lalin)

Imaxe de jose otero

ivanhoe

podes ver os comentarios de lolo na marxe dereita da nova páxina nun recadro de cor azul que pon comentarios.Pois no fondo do recadro pon ver anteriores pinchas niso e xa os ves.saudos a todos e a ivanhoe que xa falamos en lalin pa quedar en santiago pa semana pa mallar a esa parella estrela da liga compostelá:RAFA-GRILLE saúdos

Imaxe de ivan

otero

asias,por cierto que paso el sabado contra chacho y jose, jeje.tendras que venir a entrenar con nosotros, xD.la liga de santiago supongo que empezará esta semana asi que ya nos veremos.Ah!!! a ver si ablo con ferplay para organizar un campeonato en santiago,que te parece?¿.Por cierto no pude ir a lalin que no tengo delantero,de momento, :(.saludos pa toda la gente de lalin

Imaxe de jose otero

campeonato en fusion bar

q tal chacaritas saludos a todos.Bueno teño q falar na miña lingua.Decir q o campionato do sabado en lalin vai ter xente pois o domingo fun a santiago e xoguei unhas partidas con ivan,rafa bueno,rafa malo,edu etc por certo saudos pa todos eles e dixeron q o sabado virian a lalin.penso q pode caer algunha parexa de coruña e extrañame q celso pasando por lalin non pare(o mellor tennos medo je je je)asi q se pode armar as de san quintin e nunca mellor dito q en lalin.espero q veña xente a nosa terra pois este campionato fer celebrao nun sitio moi bo posto q non estas toda a tarde nun mesmo garito.michel e varela teño q dicir q o dito de lalin e o seguinte:viva lalin con razon ou sen ela se me das un pao douche un peso e se e de carballo 30 reas.michel se queres xogar xoves por min si e saudos a varela q o sabado caaaaaaaaña e saudos a tods futbolinistas en especial mencion o MEIGO q esto non poderia ser posible se no seu traballo.pasalle a factura a rabati e pand q son case mais famosos pola trifulca q polo futbolin je je je todos cometemos erros pero penso q ten mais razon pan.os piques son bonitos xogando o rematala partida a tomar algo todos xuntos.non manchemos este deporte por iso.saudos

Imaxe de O Meigo

Re: campeonato en fusion bar

Grazas Otero. "Ben está o que ben acaba"... aínda que non sei como me apaño para que sempre me toque paga-la conta.

Imaxe de Ivanhoe

campeonato del sabado

buenas!!esperamos ir al campeonato del sabado en lalin, principalmente para dar guerra de la buena xD,sino ocurre ningun imprevisto.Otero a ver si pasas mas por santiago y cuando sea asi avisa y echamos unas partiditas prometo no abusar jeje. saludos a todos los de lalin y asta el sabado.Ahh!! otero donde puedo ver la conversacion de lolo con pando??saludos

Imaxe de Michel

Haber Ivanhoe......,

Queremos entrar en la Liga Compostelán, averigua si nos dejan siendo de Lalín, en caso de que no podamos, tendremos que hacer de otra manera: Habra que jugar uno de Lalín y otro de Santiago, es decir, Otero y portero de Santiago, Míchel y delantero de Santiago. Vete preguntando si podemos jugar de alguna de las dos maneras. Un saludo y hasta el sábado. Míchel (Lalin)

Imaxe de Michel

Queres jerra heeee..., Otero

Eu xa no puxen nada dos paos haber se aljun picaba e mira por donde, jejejejejej, tiñas que ser tí, manda carallo. Bueno, ao caso, mañán intentarei falar cos do Quirós C a ver si poden eles e así ímos todos xuntos, xa te avisarei. Vai aforrando os 30 reais, que voucho dar con un de carballo, jejejejejeje.
Xa case me olvido, pregunta a Rufles ou Varela a que hora van xogar.
E a todos vos, xa sabedes, vir a Lalín a mazar a Chaho & O Meigo que e a parexa a batir. Míchel (Lalin)

Imaxe de O Meigo

Míchel, míchel...

Qué ganas tes de quenta-lo partido. A verdade é que aínda estou convalecente despois de xogar no máster. A miña "eterna" tendinitis non me deixa xogar moito e non tiña pensado ir pero, xa que te vexo con tantas ganas, imos só para darche o gusto.

¿Parella a batir? Nardi-Celso (6º en Rábade), Míchel-Otero (7º no Nacional) esas sí son parellas a batir. Ide preparando os diplomas que o sábado marchamos con eles.

E recorda, dende Compostela e sempre con razón (nunca sin ela).

Imaxe de Michel

Quentar, quentar, non....,

Sintoo que andes convalecente, a solución xa a tes...., as parexas a batir Nardi-Celso, tes razón, non sei si veñen, os outros dous non tanto.

O dos diplomas, o meu non o podo levar porque xa está enmarcado xunto cos do nacional de billar e de aí non o quita nadie, non por min, si non pola miña nai, e xa sabes como son as nais, jejejeje.

Alegrome de que estedes o sábado aquí.

Un saudo dende Lalín con razón e...., a Compostela sempre con razón.

Míchel (Lalin)

Imaxe de Varela_Lalin

Horita

A ver mestres, nos quedamos pa estar as 10 en Rodeiro, pois é boa idea, todos xuntos polo menos estrenar as camisetas xuntos, que as nosas ainda estan do paquete,jeje, e se vides vos polo menos non se rin de nos solos,jeje.

Un saudo ... CoN RaZoN oU SeN eLa!!!!!

Imaxe de Michel

Para Varela

Me acabo de poner en contacto con el Míster del Quirós para poder jugar mañana (jueves día 3) y me dijo que "nanai de nanai", que tenía en el Pub cuatro parejas que tenían que jugar partidas atrasadas, incluídos vosotros y que teníamos que jugar la nuestra el viernes, por lo tanto, lo siento Varela, que se le va hacer. A nosotros nos venía de perlas para descansar para el sábado, bueno vosotros darles caña que estais aí aun. Venga un saludo y suerte. Míchel (Lalin)

Imaxe de Michel

Para Varela

A ver Varela, ¿como quedasteis en Rodeiro City?, nosotros vamos hoy a las 23,30 horas, ¡vaya hora, teniendo el de mañana!, sabe Dios a qué hora y como acabaré "100 y cocacola", Otero ya sabes.....,.

Díme como fue por si hay que calentar orejas por allí, espero que dierais caña y fuese fructífera la partida.

Un saudiño.

Míchel (Lalin)

Imaxe de Varela_Lalin

Houbo guerra ....( para Michel)

Coma sempre, por non perder a costume perdemos 10-5 , pero xogamos moi ben, quedei eu atras e rufles diante e moito mellor. Levade un recollepelotas, vaivos facer falta. O futbolin se antes estaba mal, agora peor, ten bolas azules e botan moitisimo.
5 das 10 partidas que ganaron foi de carambola, hai que dicir que nos tamen metemos algun asi,jeje.

Pero bueno, agora xa temos un novo Beckam do futbolin, atención a xogada de Rufles, vai dar que falar,....

Veña un saudo e sorte hoxe a noite.

Imaxe de Michel

Animo Varela....,

Anímate unhas partidas perdeas calquera, hay que insistir. En canto ao recollepelotas xa mo podo imaginar, eu mando moitas fora pola maneira de tirar e se botan moito, peor todavía, pero o das carambolas a min convenme, marco moitas así, venme do billar, son xogadas entrenadas, "algunhas" claro, e esas si que son imparables.

O da xogada de Rufles si que me preocupa un pocuo, simplemente porque xa o vexo toda a semana dandolle a misma xogada e si marca "flipando" claro, bueno a ver si se pode aproveitar pra mañán.

Xa te conterei como nos foi, Otero leva entrenando toda a semana en Santiago, haber que tal se nos da hoxe a os dous. Grazas pola sorte que sempre fai falta.

Un saudo e nos vemos o sábado que supoño viredes, "non se pode faltar".

Míchel (Lalin)

Imaxe de Varela_Lalin

Ainda che van pegar, ...

Pois a ver se nos apuntamos, o xoves temos partida de liga e non sei como quedaremos de animos porque temos que visitar os do Quirós A, do mellor. A ver que facemos,je.

Sabes algo do formato de eliminatorias e todo eso? Con Rufles xa falei e en principio estaremos ahi dando cañita,jeje

Un saudo e ponte a traballar

Imaxe de O Meigo

Re: Ainda che van pegar, ...

Non te preocupes, non se dará o caso. Chacho é tan agresivo coma o xogo "suave" de Otero e eu normalmente estou tan durmido que non sei nin en que día estamos.

Imaxe de Michel

Ti dalle Varela, dalle.....,

Han pensar que nos vamos pelexar, jejejeje. Que pena que xoguedes o xoves, nos temos que ir o venres a xogar contra o Quirós C, que está terceiro no noso grupo, pero xa sei que Rufles ten que "traballar" jejejeje, ou eso dí.
O sistema soe ser por grupos de cinco ou seis parexas (depende da xente que haxa), todos contra todos e pasan os catro primeiros, despois e por cruces e a mais partidas, así ata a final. Sorte o xoves e dádelle caña.
Non sei si Otero querrá cambiar o día e xogar tamen nos o Xoves?, voulle preguntar, ¿a que hora quedáchedes vos de xogar?. Míchel (Lalin)

Imaxe de Varela_Lalin

A ver Sr.Michel, no Fusión Bar?

Moi boas señor Michel, asi que un torneo no Pontiñas, pero hai futbolin no Fusión? O domingo ainda estiven por ali e non o vin,jejeje.

A ver se Ruflex quere ir conmigo, senon terei que buscar outro punto pa darvos caña,jeje.

Xa nos vemos. Un saudo.

e recordade...LALIN, CoN RaZoN oU SeN eLa!!!!!

Imaxe de Michel

Varela, Varela, Varela...,

Claro que é no Fusión Bar, que non veras o futbolin e normal, en domingo aínda che duraba a do sábado, jejejejeje, pero tes razón no hay futbolin por que yo prohíbe o Estamento Federativo de bla,bla,bla, pero o sábado tranquilo, que vai a ver mínimo catro futbolines e un mais en reserva por si veñen mais parexas das previstas, o sea, tranquiliño, e fala con Rufles para ir e dillo algún coleguilla que se anime tamen, simplemente a mazar a unha parella en exclusiva "Chacho & O Meigo", jejejejeje, vanme matar, jejejeje.

E dende as Terras Do Deza "Lalín con razon ou sen ela". Míchel (Lalin)

Imaxe de Michel

Andas a descargar pelis?

jejeje, deixa o porno virtual que eso non desafoga, jejejeje, eu voume pra cama a xogar unhas partidas de futbolin no movil pra entrenar novas xogadas. Deica. Míchel (Lalin)

Imaxe de O Meigo

Re: ¿Non estarías vendo o Telediario?

Onte creo que me deitei ás 6 así que tranqui, aínda estarei por aquí un bo anaco.

Imaxe de Michel

¿Non estarías vendo o Telediario?

jejejejeje, grazas a ti por estar ainda por ahí e espero non haberte fastidiao o sono. jejeje, pouco debes durmir, xa te pareces a min que non pego ollo. Míchel (Lalin)

Imaxe de O Meigo

Re: En Lalín, ¡con razón ou sen ela!

Ufff! Grazas Míchel, ahí foiseme un pouco.

Imaxe de Michel

En Lalín, ¡con razón ou sen ela!

Pois iso, en Lalín, no Centro Comercial Pontiñas e repito, en Lalín, ¡con razón ou sen ela!. Un abraso. Míchel (Lalin)

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as de correo convirtense en ligazóns automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e parágrafo créanse automáticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

¿Canto é 1 + 7?
Para combati-lo spam (publicidade non desexada), por favor resolva a operación anterior.