O Conxuro

Como estrea, imos inagura-la bitácora co Conxuro da Queimada de Mariano Marcos Abalo para escorrenta-lo mal de ollo... e os goles de rebote ¡Meigas fóra!

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espíritos das neboadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas,
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de satán e belcebú,
lume dos cadáveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas vasoiras,
índose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este beberaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
se é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espíritos
dos amigos que están fóra,
participen con nós desta Queimada.


Comentarios

Opcións de visualización de comentarios

Seleccione a maneira que prefira para amosar os comentarios e prema en "Gardar os axustes" para activar os cambios.
Imaxe de ip

fora as meigas

foras as meigas cuns bos allos, que é iso de cantarlle. a quen se lle conte. fdo: O GIBARO

Imaxe de O Meigo

señor "41.3"

Aaay señor "41.3", quen senón ía vir a unha páxina onde só se fala do futbolín a botar unha firmiña no único sitio no que non se fala do mesmo... gracias por vires a a facernos unha visitiña.

fdo: o outro Gíbaro (con G, como a tí che gusta)

Enviar un comentario novo

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as de correo convirtense en ligazóns automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e parágrafo créanse automáticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

¿Canto é 11 + 5?
Para combati-lo spam (publicidade non desexada), por favor resolva a operación anterior.