
Xa esta en marcha a Liga de Futbolín do Deza.
26 equipos divididos en 3 grupos loitan polo primeiro posto. Polo momento non dispoño da clasificacion provisional pero podovos dicir que esta moi competida.
O equipo candidato a victoria (Odeon A: Mic-Ote) lideran o grupo C e despois de 4 encontros seguen invictos.
Dende Lalin un saudo a todolos futbolineiros.
ANIMO A OTERO E MICHEL!!!!!!!!!!!!
SON A MELLOR PARELLA!!!!!! UNHA MARAVILLA COMO XOGAN!!!!!!! EN BOS AIRES XA TEÑEN O SEU CLUB DE FANS!!!!!!!!!!
UN BICO MOI GRANDE PARA MEU IRMAN QUE O QUERO MOITO!!!!!!
Castanhinho
Qué bueno ese Castanhinho!
RIVAIS PRINCIPAIS
Pois eu creo que un dos principais rivais do equipo este do Odeón, son dous rapaces de Silleda, do Bar Iglesias, grupo C, xa que o día do encontro, fixéronlle suda-la camiseta ó equipo do Odeón ( Ó Míchel ese, e máis ó Otero ). O caso e que estaban como 9-6 e remontáronlle quedando 10-9 (a última partida empataron e claro neste caso é para calquera, gañando Odeón). Así que estade máis ó loro, porque en Silleda hai moito nivel, nos tres grupos hai equipos moi bos, e menos bos, e moi boas delanteras...
TES TODA A RAZON
Troitiño tes toda a razón, estaba pra calquera "pra nos" por suposto, hay que decir que Xanadú e Ramón son do millorciño da liga, Xanadú foi segundo de España en Poio, que se di pronto, o sábado pasado aí en Silleda creo que quedaron cuartos nun campeonato e "nos", claro Troitiño "Primeiros", Xanadú e Ramón xa andan vellos e decrepitos, jejejeje, vamos pra o asilo, jejejeje. A verdad que son tan bos coma nos e dende logo unos auténticos cabaleiros. Haber na segunda volta que pasa no noso campo, anímovos a vir a Odeón e ver as partidas que prometo que serán quentiñas, quentiñas. Un saudo. Míchel (Lalin)
PARA MICHEL & Co.
Parece ser que os decrépitos estes de Silleda deféndense mellor ca vós de Roberto e de Donato... Supoño que xa estás ó tanto ...
A verdade, qué queres que che diga, para min seguen a se-los favoritos da liga.
Deica logo.
"Os Favoritos"
Troitiño ou Manuel, pareceme perfecto que sexan os favoritos, dende logo nos "de momento non", queda moita liga e esto acaba de empezar, a parte prefiro que leven eles o peso de "Os Favoritos" e insisto e animovos a vir ao Odeón a día da partida contra eles para que os animedes e sexa mais intensa. O de Roberto e Donato pois xa sabes como é o futbolín unhas parexas se dan mellor e outras peor, tamén os futbolis do Iglesias non están nas mellores condicions, "dan pena", por decir algo. Un saudo. Míchel (Lalin)
Varela, varela, varela...
O das clases particulares de psicoloxia do futbolin e do beneficio a eso de compartir nome de equipo. (Odeon A, B, C), pois ímos cambiar o rol do "O Sobre" e por un pequena cantidad mensual podemos falar, jejejejejeje, tamen si tes alguna irmá podíase falar, jejejeje. Bueno bromas a parte, a ver si che dan as clasificacións y colganas na páxina pa poder ir vendo a evolución da Liga. Un saudiño a todos.
Míchel (Lalin)
O "Sobre"
Bueno, como podedes ver temos a Varela metido no peto, "xa sabes Varela donde recoller o sobre", e digo esto po la confianza que pon o decir que somos os favoritos na Liga de Lalín, eu creo que aínda queda moita loita, xa que ai moitas parexas boas e con moitas ganas, que é o que importa, incluido el. Bueno dende aquí saudiños y enhoraboa pola nova páxina. Míchel (Lalin)
"Confianza total", con sobre
"Confianza total", con sobre ou sen sobre,je. Hai moita xente boa e otra menos boa pero como ben di Michel, todos poñen ganas e interes por gañar e aprender novas tecnicas e mellorar as de cada quen. En canto ó noso equipaso, empezamos moi ben pero tropezamos e non hai maneira de levantar cabeza. A ver hoxe que visitamos un dos favoritos, Quiros D. Xa vos contarei.
A ver se Michel and Company (Otero) nos dan unhas clases particulares de psicoloxia do futbolin,jeje, polo menos sacarlle algo de beneficio a eso de compartir nome de equipo. (Odeon A, B, C)
Un saudo a todos.
Re: O "Sobre"
Unha das vantaxes que temos é poder revisa-lo historial dun xogador con moita facilidade. Se eres este Míchel parece que non lle falta razón a Varela ó falar de favoritos, vendo no momento de forma en que estades.
¿Qué outros xogadores participan na liga e a quen vedes como principais rivais?
ok
Falarei cos organizadores para que ma pasen ou vola pasen semanalmente. Moitas gracias. Moi boa paxina.
Un saudo
Re: Liga de futbolín do Deza
Se queredes enviárno-las clasificacións non temos problema en abrir outra sección nas ligas.
Enviar un comentario novo