Imaxe de O Meigo

Re: foro

Temos que recoñecer que, ademais de ser un pouco soso, non dispón nin da metade das funcionalidades do anterior. Posiblemente sexa o punto mais escuro do cambio xunto co tema dos comentarios galego/castelán que comentamos na axuda. Se ben puidemos ter escollido opcións similares ó foro anterior decidímonos por éste dous motivos:

  1. Excelente integración coa páxina: coa premisa de non confundir ó usuario temos un rexistro de usarios único e un foro que se manexa exactamente igual que os comentarios das noticias.
  2. Estabilidade e simplicidade: constitúe unha boa base de partida para construir e mellorar.

Recoméndoche que próbe-la opción Lista plana - expandida de visualización de comentarios. De este xeito vera-los por orde estrictamente cronolóxica, sen aniñamentos. Ó ser usuario rexistrado a túa preferencia quedará gardada para as seguintes visitas. Tódalas opcións de visualización de comentarios están explicadas na axuda.

Grazas polo apunte. En función dos resultados e comentarios da enquisa investigaremos posibles solucións para a próxima "reencarnación" da páxina.

Responder

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • As direccións das páxinas web e as de correo convirtense en ligazóns automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e parágrafo créanse automáticamente.

Máis información acerca das opcións de formato

¿Canto é 5 + 0?
Para combati-lo spam (publicidade non desexada), por favor resolva a operación anterior.