
Realmente estanse usando unhas estratexias en parado que estragan totalmente o xogo. Aínda quedan algúns valentes coma Nevado que non pasaron polo aro pero son escasos ¿Parar o Máster? Non sei ata que punto sería unha medida efectiva. Algo posiblemente máis interesante podería ser unha recollida de firmas, non necesitarías moitas pero sí verificadas e o apoio dos xogadores de máis peso a nivel nacional (especialmente os da modalidade). Unha vez conseguidas só queda falar coa organización para buscar unha solución. O que máis metido está no tema de parado é Lolo, que ademáis ten capacidade para mover a moita xente. Tes a vantaxe de que é xogador e conoce a problemática, non atoparás o mesmo trato se vas falar cun fabricante. Co suficiente apoio e algunhas propostas para solucionar o problema non creo que houbera inconveniente en aplicalas. Non creo que os fabricantes estén dispostos a facer modificacións e o nivel do arbitraxe non ten a suficiente madurez como para andar cronometrando tempos, pero tampouco fai falla nada espectacular. Atornillando unhas gomas/plásticos pequenos nos futbolíns dos torneos creo que xa estaría solucionado.
Persoalmente, estou "ata as bólas", do pase pola banda cando xogo en parado e de discutir do que é ou non é raseo cando xogo en movemento. Non quero parado nin movemento, abogo pola modalidade Combinada xa. Eliminas discusións e complicacións no arbitraxe, unificas torneos e premios, recuperas o xogo coa dereita en movemento (e coa esquerda en parado) e, en definitiva, consigues un futbolín máis forte, con reglamento unificado e que da un paso máis para ser considerado deporte.