Dende esta semana comezaremos a actualiza-las clasificacións das dúas ligas do Deza (a de Ruibal, grazas ó esforzo de Míchel e a de Presas grazas á organización).
Mudámonos definitivamente á nova páxina. Grazas a tódolos que se adiantaron a probala. Veredes que o sistema de traducción xa está rematado e que están solucionados os problemas do Explorer 6.x coa resolución 800x600. A partir de agora as direccións quedan como seguen:
Inaugurámo-la sección da liga de Bergantiños grazas á colaboración do xogador e organizador Carlos Domínguez.
Facemos caso da petición mais desexada por todos e estreamos novo nome para a páxina, que pasa a ser www.futbolingalicia.com
Dende hoxe podédesnos enviar información sobre torneos, clasificacións e demais por fax ó número: 940460537
Tamén podedes deixarnos mensaxes de voz no mesmo número.
Recordade que tódalas direccións e números para contactar connosco están sempre listadas no enlace que pon CONTACTO.
Algúns xa vos decataríades de que xa hai algún tempo que colocámo-lo calendario da liga lucense. Agora, a pesar de non dispoñer dos resultados individuais, xa dispoñemos das primeiras clasificacións e podemos anunciar definitivamente a apertura da sección gracias á colaboración de Lolo Candal, o coñecido xogador e organizador do Máster nacional de Rábade.
Como estrea, imos inagura-la bitácora co Conxuro da Queimada de Mariano Marcos Abalo para escorrenta-lo mal de ollo... e os goles de rebote ¡Meigas fóra!