Imagen de Toni

Para "un amigo" e "arena"

Amigo "un amigo", teño que discrepar contigo no asunto de que este ano chegaron a cuartos de final parellas "do monton". El niño, Calvi-Grille, Ovarios, Mario-Garcia, Tino-Juan, Nardi-celso, Val & Co, Lolo & Co..... ¿Cal de todas estas parellas che parece "do monton"? Destas 8 parellas hay 5 (alomenos algún compoñente) que foron ou son campions do master. E logo quedan Tino-Juan que xogaron duas das finais dos ultimos anos, Ovarios que son finalistas (e eliminaron a moitos dos favoritos) e Nardi-Celso que viñan de botar fora (e con autoridade) a Juanjo-Milu, parella esta ultima que para min era clara aspirante a gaña-lo master. Dito esto xa me contarás que parellas "do monton" viches ti, porque na miña modesta opinion ningunha destas parellas chegou a cuartos de casualidade.
teño que concluir polo tanto, que é inevitable que se crucen parellas moi boas en oitavos e dezaseisavos porque cada ano hai mais parellas de alto nivel, e un nivel moi parello entre todas.
En canto á organizacion do master, opino que pouco chanchullo se pode facer co tema de cabezas de serie, cruces, conveniencias e demais, porque ó final chegarán ás finais os mellores, ainda que inevitablemente quede algun favorito polo camiño...
respetando o que pensen moitos, para min a organizacion do master cada ano gaña enteiros, e oxalá siga así por moitisimos anos. (gracias por todo o que fas polo Futbolin, LOLO)

Por último, compañeiro ARENA, creo tamen con todos os respetos que te trabucaches ao dicir que FERPLAY fai chanchullos nos sorteos. Se coñeceras ben a FER estou seguro que non te atreverías a decir esa frivolidade, posto que FERPLAY leva pouco tempo organizando torneos e está claro que como todo novato cometeu erros, pero FER aprendeu de todo iso e hoxe en dia pódoche asegurar que hai moi poucos campeonatos no país que sean organizados con tanta transparencia e boas intencións coma os organizados por FERPLAY.
Dito isto, penso que deberías retira-lo que dixeches porque coido que é un insulto grave e ademais é mentira.

SAUDIÑOS A TODOS

Responder

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.

Más información sobre opciones de formato

¿Cuánto es 15 + 1?
Para combatir el spam (publicidad no deseada), por favor resuelva la operación anterior.