
Supoño que mezcláche-los 60 € da inscrición da liga de Santiago (e supoño que tamén da do Deza) que criticaba Némesis coa do Máster. Sí me parece excesiva a inscrición da liga, creo que é contraria ó obxectivo que se debería perseguir, que non é outro que a promoción do futbolín para incrementa-la participación. Unha vez asentada a liga sempre se poden facer diferentes categorías para mellora-la competitividade.
Con respecto á inscrición de Rábade, son 60 € se decides inscribirte nas dúas categorías principais (parado e movemento), a inscrición de cada torneo é independente, algo que creo que non era posible no Nacional. Persoalmente, 30 € pareceme que entra dentro do razoable. Recordemos que este ano haberá dous niveis (estrean un segundo nivel para os perdedores da liguilla), e coma sempre camiseta e sorteo de regalos. O da camiseta e demáis lerias son detalles, pero son detalles que se agradecen e que non se ven noutros eventos máis caros. Ademáis, por estar inscritos en calquera dos torneos, podes xogar o torneo da modalidade combinada, no que se sortean as parellas. Unha oportunidade para coñecer xente e xogar cos grandes nunha modalidade que para o meu gusto é moito máis divertida que a de bóla parada.