Axuda

  1. ¿Para que serve o botón Vista previa do comentario?
  2. Acabo de comentar nunha das noticias pero non vexo o meu comentario ¿Non funciona o envío de comentarios?
  3. ¿Por que ten que haber moderador? ¿Non sería mellor publica-los comentarios directamente?
  4. ¿É gratuito o rexistro de usuarios? ¿Cómo funciona?
  5. ¿Que vantaxes ten utilizar unha dirección de e-mail verdadeira?
  6. ¿Por que debería rexistrarme como usuario da páxina?
  7. ¿Que son as "Opcións de visualización de comentarios"?
  8. ¿Por que están deshabilitados os comentarios en castelán?
  9. ¿É posible ve-las fotografías a maior resolución?
  10. ¿En que vos baseades para realiza-la clasificación de Destacados?
  11. ¿Cómo podo colaborar coa páxina?
  12. ¿Qué beneficio sacades vós desta iniciativa?
  13. Non consigo visualiza-los vídeos
  14. A miña dúbida non foi resolta por ningunha das cuestións anteriores.


1. ¿Para que serve o botón "Vista previa do comentario"?

Para ver como vai queda-lo comentario unha vez enviado sen ter que envialo. Vista previa non envía os comentarios.
⇧ Menú ⇧

2. Acabo de comentar nunha das noticias pero non vexo o meu comentario ¿Non funciona o envío de comentarios?

O envío de comentarios funciona perfectamente, pero tódolos comentarios pasan por mans dun moderador antes de ser publicados, isto implica que dende que comentades ata que se publica pode haber un retraso importante.
⇧ Menú ⇧

3. ¿Por que ten que haber moderador? ¿Non sería mellor publica-los comentarios directamente?

Os motivos para a presenza de moderador son dous:

- Elimina-la presenza de spam (publicidade non desexada) no sitio.

- Animar á xente a que rexistre un usuario na páxina.
⇧ Menú ⇧

4. ¿É gratuito o rexistro de usuarios? ¿Cómo funciona?

O rexistro de usuarios é totalmente gratuito, únicamente require encher un formulario. Consiste en elexir un nome polo cal seredes coñecidos e un contrasinal asociado (para evitar que ninguén mais poida utilizar tal nome).
Podedes crear un usuario pulsando en Crear nova conta. Os campos requeridos son:

Nome de usuario: O nome polo cal seredes coñecidos.

Enderezo de correo-e: Non ten que ser real pero sí válida. Se non tedes, non queredes poñela ou non sabedes que poñer utilizade o voso nome de usuario (sin espacios en blanco) seguido de "@futbolin.gz". Ex: para o usuario "O Meigo" -> "omeigo@futbolin.gz" (sen as comiñas).

Contrasinal: A que utilizarades xunto co nome de usuario para conectarvos na páxina.

Confirmar contrasinal: A mesma que a anterior.

Solución: Resposta á pregunta ¿Canto é "x" +"y"? onde "x" e "y" son dous números naturales. Serve para comprobar que sodes persoas e non un dos autómatas utilizados polos "spammers" para encher de publicidade os comentarios e mai-lo foro da páxina.
⇧ Menú ⇧

5. ¿Que vantaxes ten utilizar unha dirección de e-mail verdadeira?

- Se esquecéde-lo contrasinal só teredes que pulsar sobre "Solicitar un novo contrasinal" e nuns minutos recibiredes instruccións na vosa dirección para poder restaurala.

- Poderedes ser contactados por outros usuarios mediante un formulario no voso perfil sen ter que revelar a vosa dirección. Por defecto o formulario está habilitado aínda que podedes desactivalo cando queirades en "A miña conta".
⇧ Menú ⇧

6. ¿Por que debería rexistrarme como usuario da páxina?

- Para garda-las vosas preferencias de idioma, avatar, visualización de comentarios e estilo da páxina (pronto teremos mais dispoñibles).

- Para evitar que ninguén asuma a vosa identidade. Unha vez rexistrado un nome de usuario, ninguén mais poderá utilizalo para comentar na páxina.

- Para poder publicar comentarios instantáneamente, sin depender da aprobación dun moderador.

- Para poñer coma avatar unha foto ou unha imaxe ben fea en vez de o bonito logo que deseñamos para a páxina.

- Para ver o calendario de Torneos (aínda que de momento está habilitado para todos con fins... "promocionales").

- Para evitar ter que resolver a suma que utilizamos contra o spam cada vez que queirades comentar.

- Para poder votar nas enquisas.

- Para poder iniciar temas no foro.

- Para que nós, que fixémo-la páxina de balde para que a comunidade de xogadores tivera un punto de reunión e información común, vexamos que efectivamente existe unha comunidade e non pechemos pensando que isto non serve para nada.
⇧ Menú ⇧

7. ¿Que son as "Opcións de visualización de comentarios"?

Son os modos que tendes dispoñibles para visualiza-los comentarios e o foro:

Lista de fíos: Amosa tódolos comentarios por orde cronolóxica salvo as respostas, que van aniñadas no comentario o que responden.

Lista plana: Amosa tódolos comentarios por orde estrictamente cronolóxica, sen aniñamentos.

Ámbalas dúas teñen unha opción colapsada na que se amosa só o asunto (título) dos mensaxes e outra expandida na que se amosa tanto asunto coma o corpo do mensaxe.
⇧ Menú ⇧

8. ¿Por que están deshabilitados os comentarios en castelán?

Porque, por cuestións de deseño, os usuarios dun idioma non ven os comentarios escritos por usuarios doutros idiomas. Para evitar que os comentarios estén espallados entre linguas decidimos deixalos activados só en galego ¿Por que en galego e non en castelán? Simplemente porque a páxina empezou estando só en galego e o castelán foi engadido a posteriori. Os usuarios castelán-falantes que queiran comentar sempre poden facelo pulsando nas ligazóns que poñen "Galego" que hai ó final de cada un dos artigos. Intentaremos solucionar este problema na seguinte versión da páxina.
⇧ Menú ⇧

9. ¿É posible ve-las fotografías a maior resolución?

Tódalas fotografías e a maior parte dos carteis da páxina poden visualizarse a maior resolución pulsando sobre eles. As fotografías veránse ampliadas ó pasárlle-lo punteiro por riba, pulsar sobre elas fará que tomen o tamaño que lles permita a resolución da pantalla. Unha vez ampliada unha imaxe poderedes utilizar os seguintes controis:

Amplíar ó máximo a imaxe (só dispoñible naquelas de maior calidade).

Retroceder ou avanzar á seguinte imaxe. Non é necesario pulsar exactamente no botón, con pulsar sobre a zona esquerda/dereita da imaxe é suficiente. Ademais, os usuarios de navegadores como Konqueror, Firefox e Safari poden utiliza-las frechas de cursor para desprazarse por elas.

Cerra-lo modo de ampliación de imaxe. Pulsar no centro da mesma causa o mesmo efecto.
⇧ Menú ⇧

10. ¿En que vos baseades para realiza-la clasificación de Destacados?

Cada artigo está clasificado, entre outras cousas, cos nomes dos xogadores directamente relacionados con el (no caso dos torneos, cos nomes dos primeiros clasificados). O tamaño do nome en Destacados é un indicador do número de artigos que hai relacionados co xogador en cuestión. Pulsando no seu nome podedes ver tódolos artigos relacionados co mesmo.
⇧ Menú ⇧

11. ¿Cómo podo colaborar coa páxina?

- Enviándonos información de torneos / resultados / fotos / vídeos / noticias e demais cuestións relacionadas co mundo do futbolín. A colaboración no tema dos torneos é imprescindible para o éxito desta iniciativa, ademais de ser a que mais nos beneficia a todos. Toda a información da páxina está aquí porque alguén no-la enviou no seu momento. Se sabedes dalgún torneo non anunciado, se téde-los resultados ou se detectades calquera incorrección non dubidedes en contactar connosco.

- Facéndo publicidade da páxina. Se asistides a algún torneo do que tivestes coñecemento a través da páxina, facédello saber ós organizadores para que nos envíen os datos a próxima vez. Recordade que temos dirección de e-mail, teléfono e fax. Se sodes organizadores e facedes carteis anunciade a nosa dirección: www.futbolingalicia.com A publicidade mútua será beneficiosa para os dous.
⇧ Menú ⇧

12. ¿Qué beneficio sacades vós desta iniciativa?

Para tódolos que están preocupados polo noso enriquecemento:

- Facer un traballo profesional pola cara (ademais das tarefas de mantenemento posteriores).

- Unhas perdas de entorno a 110 € anuais.

Aqueles que queiran compartir tales "beneficios" poden contactar connosco.
⇧ Menú ⇧

13. Non consigo visualiza-los vídeos.

Para visualizalos debes ter instalado o reproductor Flash Player no teu navegador. Se xa o tes instalado é segues sin poder visualizalos proba a actualizalo á última versión. En ámbolos dous casos podes obter o reproductor dende www.adobe.com/es/ pulsando sobre o cadro que pon Get ADOBE FLASH PLAYER (é gratuito).
⇧ Menú ⇧

14. A miña dúbida non foi resolta por ningunha das cuestións anteriores.

Contacta connosco e intentaremos resolvela. Podes facelo directamente mediante a sección de CONTACTO ou ben (se estás rexistrado) a través do foro en Dúbidas e suxerencias.
⇧ Menú ⇧